Terapia familiar e EMDR
Servizo de psicoloxía presencial e en liña
Se precisas axuda, podes contar cos meus servizos psicolóxicos en A Coruña, Santiago de Compostela e Sigüeiro.
Ofrezoche un espazo de escoita e acompañamento onde o teu benestar emocional é a miña prioridade. Aquí che conto onde podes atoparme:
Sesións presenciais de psicoloxía en Sigüeiro, a 15 minutos de Santiago de Compostela. As sesións teñen lugar na clínica Todosaúde, para adolescentes e persoas adultas que buscan un espazo profesional e de confianza no que abordar as súas dificultades, promover o seu benestar emocional e avanzar cara aos cambios que desexan na súa vida.
Dispoño dun gabinete de psicoloxía no corazón de Santiago, na rúa Doutor Teixeiro. Este espazo está especialmente acondicionado para crear un ambiente terapéutico cálido e seguro. Descobre máis sobre a terapia presencial en Santiago de Compostela.
Martes | Mércores | Xoves
de 9 a 21h.
Se resides na Coruña ou na súa contorna, xa podes acceder aos meus servizos de terapia psicolóxica de maneira presencial. Ofrezo un acompañamento personalizado, baseado na escoita, o respecto e o traballo conxunto para afrontar as dificultades e promover o benestar emocional. Atención con cita previa.